Precarios-Galicia
A Asociación de Persoal Investigador e Técnico Non Contratado de Galicia ou Precarios-Galicia nace coa finalidade de defende-los intereses do colectivo. Reivindícase o recoñecemento dos dereitos laborais (seguridade social, paro, vacacións, prevención de riscos laborais,…) que se nos negan e que, no mellor dos casos, se suplen con bolsas (oficialmente, axudas ó estudo, pero moitas das cales gravan en Facenda como “rendementos do traballo”). A nosa aspiración é que ningún investigador en formación traballe en precario, teña bolsa ou non.
Presidente: David García Pérez Vicepresidente: Jose Anido Tesoureira: Lidia Martínez Secretaria: Natalia Fernández García Vogal: Adolfo Rodríguez Taboada Se estás interesado en formar parte de Precarios-Galicia: asóciate!Vísita a nosa páxina web: http://www.precariosgalicia.org/ Imprescindible para estar ó día do que se fai na asociación. Ten un tráfico moderado (media 20-30 mensaxes semanais). Un encargado reenvia as mensaxes máis interesantes das outras listas (info e estatal). Páxina principal do grupo: http://es.groups.yahoo.com/group/precarios-galicia Subscribirse: precarios-galicia-subscribe@yahoogroups.com - http://es.groups.yahoo.com/group/precarios-galicia/join |
|